Project Description

 

Co apoio da Área de Cultura da Deputación de A Coruña e comisariado por Performa (David Barro, Mónica Maneiro e Iñaki Martínez Antelo), a Libraría NUMAX celebra o sábado 22 de agosto a segunda xornada dos Discursos en acción, un ciclo de dous días de conferencias performativas que muda o Cinema NUMAX nun espazo onde ensaiar propostas entre o divulgativo, o artístico, o escénico ou o audiovisual. Interveñen Jacobo Bugarín, Misha Bies Golas e Xisela Franco.

Horarios

11:30 Jacobo Bugarín – Another language in another body (conferencia en inglés)
13:00 Misha Bies Golas – Contar pezas
16:15 Xisela Franco – O meu é teu pero o teu non é meu

Cada Discurso terá unha duración de entre 30 e 50 minutos.

Descarga o pasquín da Xornada II dos Discursos en acción. Inclúe os textos de presentación e as biografías de cada artista.

Discursos únicos e irrepetíbeis
Para esta actividade interpelouse a cada artista para que se sitúase no lugar do conferenciante: pode falar do que queira, pero desde unha situación teatralizada pola propia proposta de partida. En ocasións será a través de elementos externos, noutras a través da imaxe proxectada na sala ou nos elementos presentes na mesma, ás veces a dominante será a interpretación, pero en todos os casos este momento será único, xa que non se trata dunha conferencia ao uso senón dunha conferencia performativa, construída para acontecer no intre preciso da cita e do lugar proposto como escenario: a sala do Cinema NUMAX.