COOPERATIVA PERFORMA (David Barro, Mónica Maneiro Jurjo e Iñaki Martínez Antelo) está integrada por un equipo de profesionais que desenvolven a súa actividade no campo da cultura e a innovación, e realizan traballos de consultoría, xestión, produción, comunicación e deseño, centrados no desenvolvemento estratéxico, conceptual e a xestión integral de programacións, proxectos culturais, educativos e de innovación empresarial. Como equipo capaz de xerar contidos están especializados no asesoramento, organización, deseño, produción e posta en marcha de programacións institucionais, festivais, exposicións e actividades, relacionados coa arte, as artes vivas, e outras disciplinas creativas. A súa tarefa como produtores e xestores culturais baséase na coordinación e organización de todos os recursos que interveñen no proceso de produción e creación, proporcionando respostas económicas, materiais e humanas ao desenvolvemento e execución de cada proxecto.

A Cooperativa Performa dirixe desde 2020 Plataforma, o festival de artes performativas que se celebra en Santiago de Compostela con artistas como Janet Novás, Paula Quintas, María Roja, Amaya González Reyes, Bárbara Bañuelos, Laia Estruch, Daniel García Andújar, Macarena Montesinos, Alejandra Pombo, Berio Molina, Rodríguez-Méndez, Juan López, Vasco Araújo, Carme Nogueira, Patricia Esquivias, Pilar Albarracín, Marta Fernández Calvo, María Salgado e Fran MM Cabeza de Vaca, Cabello/Carceller, Loreto Martínez Troncoso e Elena Biserna, a Orquestra Galega de Liberación, Vertixe Sonora, ou La Ribot entre outros participantes.

Entre os seus proxectos realizados figuran o comisariado das exposicións O museo como escenario (2022) e Accións peregrinas de Pilar Albarracín (2021) no CGACVisións inéditas proxecto audiovisual con Jaione Camborda, Xisela Franco, Lois Patiño e Alfonso Zarauza; o comisariado do proxecto Residencias In Situ con Teresa Búa, Roi Fernández e Verónica Ruth Frías e da exposición El mejor trabajo del mundo de Cristina Garrido na Fundación DIDAC, ou o ciclo de conferencias performativas «Discursos en acción» en NUMAX.

Ademais realizou os comisariados dos proxectos de Isidro Blasco no Centro de Cultura Contemporánea CondeDuque e as intervencións artísticas de Nuria Mora, Sandra Cinto e Albano Afonso en La Casa Encendida, estes últimos dentro do Festival MadBlue en Madrid. Tamén se encargou da sección de arte das dúas edicións do festival Esférica en Rioja Alavesa (2021 e 2022) e do festival Deleste en Valencia (2022). Acaba de presentar o I Encontro de Artes no Territorio en As Neves, un evento que quere servir de base para pensar novas fórmulas que axuden a potenciar a economía e o desenvolvemento turístico dende as artes e a a cultura en territorio rural.

Cooperativa Performa