Novas
Convocatoria aberta Residencias in situ 2026
Aberta a convocatoria de Residencias in situ 2026 que teñen como obxectivo principal xerar un espazo de intercambio cultural, de pensamento, e de creación artística. O concurso quere dirixirse a artistas de todos os eidos creativos que traballen no marco das artes vivas.
Procedemento de concorrencia aberta ao que poderán presentarse as e os artistas galegos ou residentes en Galicia
O prazo para recepción das propostas finaliza o 24 de agosto.
FESTIVAL PLATAFORMA SANTIAGO
A séptima edición do festival de artes performativas PLATAFORMA volve a Santiago de Compostela do 2 ao 6 de setembro. Cinco días de propostas innovadoras que activarán a cidade a través do corpo, a palabra e a acción.
Reserva as datas e forma parte desta experiencia única!




