
AINHOA FERNÁNDEZ MOREIRA
Instagram: @ainhoa.fdez.moreira
Linkedin: Ainhoa Fernández Moreira
ainhoa@performa.gal
Ainhoa Fernández é licenciada en Belas Artes (Uvigo–Kingston University London), cunha formación de posgrao especializada en xestión cultural e mercado da arte (USP CEU, Madrid) e y Fine Art MFA Postgraduate (Kingston University London). Actualmente forma parte da cooperativa Performa, onde centra a súa actividade tanto na produción artística do festival Plataforma, en Santiago de Compostela e Santander, como en exposicións de arte contemporánea.
Con experiencia internacional en España, Reino Unido e Portugal, desenvolveu a súa traxectoria nos eidos da produción artística, o galerismo e o comisariado. Traballou en institucións como o Ateneo de Madrid como coordinadora de proxectos artísticos, así como en diversas galerías de arte contemporánea, entre as que destacan Gärna Gallery (Madrid) e Stanley Picker (Londres), asumindo funcións que abranguen desde a xestión de vendas e a consultoría para coleccionistas ata a produción e a comunicación.
En 2025 foi coordinadora do programa VIP da feira Urvanity (Madrid), ademais de ter traballado na feira ARCO como coordinadora de 9915 Coleccionistas (2022–2024) y Frieze London Art Fair dentro do programa de visitas guiadas. Desde 2023 colabora con Shug Gallery UK e Singulart desempeñando labores de asesoramento para coleccionistas en Europa. De maneira freelance ten desarrollado estratexias de comunicación para a galería Magalhães & Santos (Madrid) e a feira Art Madrid ademais de traballar como directora artística de Oky Official.
En paralelo continúa a desenvolver proxectos curatoriais xunto con artistas de media carreira e emerxentes, participando activamente no deseño e produción de exposicións de ámbito nacional.
Desde 2022 é fundadora e directora de Art Bites Podcast, un programa dedicado a entrevistas con artistas contemporáneos que combina unha visión estratéxica do sector cun firme compromiso coa divulgación cultural, a mediación artística e a innovación en formatos e públicos.




