QUE É COOPERATIVA PERFORMA
COOPERATIVA PERFORMA (Mónica Maneiro Jurjo e Iñaki Martínez Antelo está integrada por un equipo de profesionais que desenvolven a súa actividade no campo da cultura e a innovación, e realizan traballos de consultoría, xestión, produción, comunicación e deseño, centrados no desenvolvemento estratéxico, conceptual e a xestión integral de programacións, proxectos culturais, educativos e de innovación empresarial. Como equipo capaz de xerar contidos están especializados no asesoramento, organización, deseño, produción e posta en marcha de programacións institucionais, festivais, exposicións e actividades, relacionados coa arte, as artes vivas, e outras disciplinas creativas. A súa tarefa como comisarios e xestores culturais baséase na coordinación e organización de todos os recursos que interveñen no proceso de produción e creación, proporcionando respostas económicas, materiais e humanas ao desenvolvemento e execución de cada proxecto.
A Cooperativa Performa dirixe desde 2020 Plataforma, o festival de artes performativas que se celebra en Santiago de Compostela con artistas como Janet Novás, Vera Mantero, Itziar Okariz, Paula Quintas, Amaya González Reyes, Juan Domínguez, María Jerez, Grace Schwindt, Mónica Valenciano, Bárbara Bañuelos, Laia Estruch, Daniel García Andújar, Macarena Montesinos, Alejandra Pombo, Berio Molina, Ana Gesto, Rodríguez-Méndez, Juan López, Vasco Araújo, Carme Nogueira, Patricia Esquivias, Pilar Albarracín, Marta Fernández Calvo, Cabello/Carceller, Loreto Martínez Troncoso e Elena Biserna, Caterina Silva, Vertixe Sonora, ou La Ribot entre outros participantes. En 2024 organizou a primeira edición de Plataforma na cidade de Santander con artistas como Laia Estruch, María Salgado, Álvaro Murillo, Miguel Pereira y Guillem Mont, Leonor Leal, Marina Vargas ou Marta Serrano e Jana de Luque.
Entre os seus proxectos realizados figuran o comisariado das exposicións do ciclo Correspondencias, unha serie de mostras realizadas en Abanca, coas figuras de José María de Labra (2025) e Tino Grandío (2023) como protagonistas poñéndoos en relación con artistas das novas xeracións. Outros proxectos comisariados son Facémolo co corpo. A performance é cousa de mulleres (2025) no Auditorio de Galicia, O museo como escenario (2022) e Accións peregrinas (2021) de Pilar Albarracín no CGAC; O mellor traballo do mundo de Cristina Garrido (2021) na Fundación DIDAC; Visións inéditas (2021) con Jaione Camborda, Xisela Franco, Lois Patiño e Alfonso Zarauza; Isidro Blasco no Centro Cultural CondeDuque ; as intervencións de Sandra Cinto e Albano Afonso (2022) e Nuria Mora (2021) en La Casa Encendida en Madrid. Entre outros proxectos a destacar figuran Mapeo (2024); Residencias In Situ que xa vai pola terceira edición, con Andrea Mosquera e Benxamín Otero (2024), Nuria Vil (2023) e Teresa Búa, Roi Fernández e Verónica Ruth Frías (2022); o ciclo de conferencias performativas Discursos en acción en NUMAX; Artes no territorio (2022), Desenfocar Fisterra (2021) e a sección de arte das dúas edicións do festival Esférica en Rioja Alavesa (2021 e 2022), do festival Deleste en Valencia (2022) e do festival 17º Ribeira Sacra (2023).






