
IÑAKI MARTÍNEZ ANTELO
Instagram: @inaki_martinezantelo
Linkedin: Iñaki Martínez Antelo
inaki@performa.gal
Iñaki Martínez Antelo é licenciado en Historia da Arte Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e completou a súa formación no Instituto de Estética e Teoría das Artes da Universidade Autónoma de Madrid. Despois de traballar no CGAC, no Auditorio de Galicia e en Casa Asia en Barcelona, gañou o concurso para ser director do MARCO de Vigo, cargo que ocupou entre 2005 e 2017, onde comisariou numerosas exposicións e desenvolveu unha programación innovadora de música, artes escénicas e performativas, cursos e obradoiros. Foi presidente de ADACE, a Asociación de Directoras e Directores de Museos de Arte Contemporánea de España. Formou parte de numerosos xurados, como o do Premio Nacional de Artes Plásticas ou o Premio Velázquez, entre moitos outros. Desde 2016 é asesor do Premio Cervezas Alhambra e formou parte do comité de compras de DKV. Desde 2024 é membro do comité de adquisicións de Es Baluard, o Museo de Arte Contemporáneo de Palma de Mallorca.
Na actualidade é comisario de Artes Vivas da Bienal de Pontevedra e vén de presentar a exposición Transbordo en Cerveira, Portugal, coa participación de Breogán Xague, Irene Grau, Jaione Camborda, Jesús Madriñán, Marina González Guerreiro e Pablo Barreiro, ademais do proxecto A illa como escenario en distintos espazos museísticos da illa de Mallorca. Recentemente foi comisario da exposición de Ángela de la Cruz titulada Stuck no Casal Solleric de Palma de Mallorca (2025) e está a desenvolver o ciclo de exposicións Infiltracións no Museo de Pontevedra, con mostras de Marta Pazos e Ira Lombardía en 2025, despois das realizadas por Mónica Alonso e Alberto Baraya en 2024. Presentou o ciclo de performances e exposición Lazos mecánicos no Museo Artium de Vitoria (2024), un proxecto que se repetirá en outubro de 2025. Foi comisario das exposicións E agora para onde vou? de Vasco Araújo na Fundación DIDAC (2024), Océano mar no Centro Cultural Condeduque de Madrid (2023), O bosque do Prado (2022) de Maider López no Real Xardín Botánico de Madrid, Sons improbábeis (2022) e Mirar o son (2020) no Auditorio de Galicia ou Manual de uso de La Ribot no CGAC.




