Mónica Maneiro Jurjo. Foto Carmen Verdú-ESNOSIA

MÓNICA MANEIRO JURJO

Páxina web: Mónica Maneiro Jurjo
Instagram: @mmjurjo
Linkedin: Mónica Maneiro Jurjo
monica@performa.gal

Mónica Maneiro é licenciada en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) e máster en Museoloxía, Crítica e Arte Contemporáneo pola mesma institución. Completou estudos de doutoramento en Crítica e Estética na Universidade Complutense de Madrid (UCM). Dende abril de 2024 é directora artística da Fundación DIDAC en Santiago de Compostela dende onde desenvolve programas de actividades, coordina publicacións e comisaría exposicións entre as que se atopan Ley eterna. Mery Pais (2024-2025), Carlos Aires. The End (2025), Far Away Water Won´t Save Closeby Fire (2025) ou Breviario. Tamara Feijoo (2025).

Ten comisariado máis de cincuenta exposicións tanto individuais como colectivas e de referencia no panorama galego e nacional entre as que se atopan Devolver el fuego (2022) con artistas como Alberto Carneiro, Enar de Dios Rodríguez, Dan Graham, Julia Llerena, Glenda León, Eva Lootz, Nacho Martín Silva, Mireya Masó, Rosell Meseguer, Ding Musa, Lois Patiño o Keke Vilabelda en el Centro de Cultura Contemporánea Conde Duque, Madrid ou Suso Fandiño. Wunderkammer (2022) no CGAC (Centro Galego de Arte Contemporánea), Santiago de Compostela entre outras.

Foi responsable e comisaria de exposicións na Fundación DIDAC (2017–2020) e coordinadora editorial e redactora en DARDO (2010–2017). Dirixiu a revista DARDOmagazine especializada en arte contemporáneo, arquitectura e deseño entre o 2014–2019. Dende 2022 é colaboradora especializada en arte no programa Diario Cultural de la Radio Galega e dende 2025 crítica na edición española da revista Segno. Participa activamente como xurado e poñente en programas institucionais e publicacións especializadas.

Co-dirixe dende 2020 o Plataforma Festival de artes performativas en Santiago de Compostela e, dende 2024, tamén en Santander. É socia fundadora da Cooperativa Performa, dende donde desenvolve numerosos proxectos curatoriais e de xestión cultural.