Aberta a convocatoria de Residencias in situ 2026 que teñen como obxectivo principal xerar un espazo de intercambio cultural, de pensamento, e de creación artística. O concurso quere dirixirse a artistas de todos os eidos creativos que traballen no marco das artes vivas.
Procedemento de concorrencia aberta ao que poderán presentarse as e os artistas galegos ou residentes en Galicia
O prazo para recepción das propostas finaliza o 24 de agosto.




