Este ano, a Cooperativa Performa foi seleccionada como unha das entidades participantes no programa Santander Emplea Cultura da Fundación Banco Santander. A convocatoria recibiu un total de 89 candidaturas de todo o Estado español. Esta elección recoñece o traballo de Performa no eido cultural e o seu compromiso co emprego xuvenil no sector. A participación no programa permitirá incorporar novo talento ao equipo.