I PREMIO PLATAFORMA- LA RIBOT
La Ribot recibiu o I Premio Plataforma no ano 2021, entregado polo alcalde de Santiago en recoñecemento á súa traxectoria na performance e nas artes vivas. Coreógrafa, bailarina e artista visual, foi pioneia na unión entre danza e artes visuais, creando unha linguaxe propia. Este galardón, representado por unha pedra creada por Verónica Moar, simboliza o seu papel como alicerce do festival. La Ribot participou na primeira edición de Plataforma cunha exposición no CGAC e presentou Pièce distinguée n°45. O premio súmase a recoñecementos como o León de Ouro da Bienal de Venecia ou o Premio Nacional de Danza.







