Residencias in situ 2021

As residencias In situ de artes vivasda Cooperativa Performa buscan xerar un espazo de intercambio cultural, reflexión e creación artística. O concurso está dirixido a artistas de diversos ámbitos creativos que traballen nas artes vivas, centrando os proxectos na cidade de Santiago de Compostela e os seus arredores. Os proxectos deben promover o diálogo intercultural e a participación de colectivos sociais, ademais de incluír unha actividade didáctica. As persoas seleccionadas recibirán 1.000 € e presentarán o seu traballo tanto na Fundación DIDAC como no festival Plataforma. Nesta edición foron seleccionados os proxectos de Teresa Búa, Roi Fernández Alonso e Verónica Ruth Frías. Estes artistas empregan ferramentas de creación híbridas, con especial interese por explorar o ámbito das artes vivas e a performatividade nas artes visuais. A iniciativa das Residencias In Situ de artes vivas enmárcase dentro do programa O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia.

Teresa Búa
Roi Fernández Alonso
Verónica Ruth Frías

ARTISTAS
Teresa Búa
Roi Fernández Alonso
Verónica Ruth Frías