Residencias In Situ 2023

Performa presenta Declaro Deserto de Nuria Vil, proxecto gañador do concurso Residencias In Situ 2023, un programa de residencias de artes vivas e performativas que nace coa idea de traer á actualidade o valor de Galicia como espazo para a creación artística e o intercambio cultural. A proposta de Nuria Vil, baseada no seu primeiro poemario Simún, é unha peza de poesía expandida que combina paisaxes sonoras e instalacións, transcendendo os límites entre disciplinas. O proxecto foi presentado no Plataforma Festival 2024. Nuria Vil formouse no Grao en Estudos de Galego e Español da UVigo e no Mestrado en Estudos de Literatura e da Cultura da USC. É activista LGTBTQIA+ e antiracista, cun traballo artístico que explora a poesía oral e a interacción entre diferentes artes. O seu poemario foi finalista na Gala do Libro Galego 2022, e participou en múltiples eventos literarios e festivais.

Nuria Vil

ARTISTAS
Nuria Vil