Residencias in situ 2026

Convocatoria Residencias in situ 2026
O prazo para recepción das propostas finaliza o 24 de agosto.
Descargar bases da convocatoria

A Cooperativa Performa convoca co apoio da Deputación da Coruña a cuarta edición de In Situ. Residencias de artes vivas, un programa destinado a apoiar procesos de investigación, creación e produción artística no ámbito das artes vivas.
A convocatoria do concurso In situ IV. Residencias de artes vivas, está dirixida a persoas creadoras galegas que traballen no marco das artes vivas dun modo inclusivo e accesible, achegando á cidadanía o mundo da arte da performance, a danza contemporánea ou a escena. É condición indispensable para a súa selección que o proxecto teña como lingua principal o galego.
As residencias In situ IV da Cooperativa Performa teñen como obxectivo principal xerar un espazo de intercambio cultural, de pensamento, e de creación artística. O concurso quere dirixirse a artistas de todos os eidos creativos que traballen no marco das artes vivas.
O concurso formúlase como un procedemento de concorrencia aberta ao que poderán presentarse as e os artistas galegos ou residentes en Galicia que envíen un proxecto que teña como base o territorio da provincia da Coruña como lugar de intercambio cultural e creativo prestando especial atención a aqueles proxectos que traballen aspectos relacionados co seu patrimonio artístico cultural, a lingua galega como vehículo de creación, a difusión de experiencias que fomenten o diálogo artístico e intercultural e a conexión entre o espazo urbano e os pequenos municipios, habitualmente menos receptores de propostas contemporáneas como estas, co fin de sensibilizar sobre os valores da nosa cultura.

ARTISTAS