Project Description

Desenfocar Fisterra - 4, 5 set.

SÁBADO 4 SETEMBRO

O poeta Alexandre Nerium realizará a visita guiada na que poderemos descubrir este pequeno museo da pesca situado no Castelo de San Carlos, un dos baluartes defensivos da Costa da Morte que se construíu no século XVIII para protexer o pobo dos corsarios ingleses e franceses. Aquí poderemos atopar artes de pesca como as nasas francesas, rañas, poteiras, agullas de atar, a gadaña, o gancho, e tamén instrumentos de carpintería de ribeira, e maquetas con artes como o pincho do congro e as nasas, ou de redes como as xávegas.

RESERVAR PRAZA

Esta é unha actividade de descuberta e exploración, sonora e visual, das aves que viven na vila de Fisterra e na súa contorna. Ao longo dun percorrido máis ben azaroso intentaremos identificar as aves que nos saian ao camiño e de cando en vez pousaremos para escoitar os seus cantos e chamadas.

RESERVAR PRAZA

Intervención poético-sonora onde se reflexiona sobre a complexidade do que comunmente chamamos lugar, tanto no seu eido perceptivo como lingüístico. Onde empeza? Onde remata? Onde é o que está? Adxetivar, di ou desdí? Así como as respostas son simplemente unha parte dun diálogo, e non o diálogo, que é o lugar? No lugar da resposta hai un lugar na pregunta?

RESERVAR PRAZA

Su Garrido Pombo é unha cantante, guitarrista e compositora galega. O seu estilo músical abrangue diversos xéneros con matices de bossa, folk, jazz ou latin. A sua música é intimista e nos seus directos acompáñana a súa guitarra e os seus pedais de efectos. Co seu primeiro album en solitario Quedo a vivir aquí, obtén o primeiro premio no Concuro Concurso Fran Narf da Deputación de A Coruña (2018). No ano 2019 faise co Premio Martín Códax na categoría de Música de autora (2019).

RESERVAR PRAZA

DOMINGO 5 SETEMBRO

O artista Christian García Bello guiaranos nun paseo performativo e oral en torno ao paso por Fisterra de Egberto de Tournai, o trobeiro que axudou a Don Gaiferos a chegar a Santiago de Compostela. Falará de arquitectura relixiosa, da paisaxe, da historia, da ficción, do Camiño de Santiago e da transmisión de coñecemento a través da oralidade, unha cuestión que é clave no pasado e que o é -e moito- a día de hoxe.

RESERVAR PRAZA

Nesta comida comentada Pepe Formoso falará da riqueza gastronómica de Fisterra, as súas peculiaridades ao tempo que os participantes gozan dun menú deseñado para a ocasión con produtos da zona.

RESERVAR PRAZA

 

Nesta actividade o poeta Alexandre Nerium acompañará aos participantes nunha especial visita guiada para contarlles historias do mar e da relación que os habitantes de Fisterra estableceron con el ao longo da historia da vila.

RESERVAR PRAZA

Os Amigos dos músicos continúan explorando os puntos de unión entre o pop, o folk e o rock, entre a tradición anglosaxona e a canción de autor galega de Bibiano ou Luis Emilio Batallán. Únense de novo, neste segundo álbum chamado Segundo Fogar, Jaime Mateo, Arcadio Nóvoa, Raúl Diz, Daniel Alonso e Álvaro A. Rivera, experimentados músicos que formaran parte de Niño y Pistola, Blood Filloas, O Sonoro Maxín, Annie Hall, Haecceidad ou Cinnamon Gun.

RESERVAR PRAZA

 

Entradas de balde ata completar capacidade. É preciso reservar praza para cada evento.
No momento de cada actuación se quedasen prazas libres poderase acceder por orde de chegada

Coa colaboración do concello de Fisterra