Project Description
Dende a Cooperativa Performa presentamos a proposta Declaro Deserto de Nuria Vil, proxecto gañador do concurso Residencias In Situ 2023.
Declaro Deserto xurde do primeiro poemario de Nuria Vil publicado pola editora Chan da Pólvora. Un proxecto de poesía expandida, paisaxes sonoras, que entende a poesía como un ente vivo que se nutre de distintas disciplinas. A idea de converter a poesía en instalación e ao tempo nunha pequena peza escénica transcende os límites entre disciplinas en consonancia cos obxectivos dos proxectos nos que adoitamos traballar dende Performa.
O proxecto será presentado dentro do Plataforma Festival de artes performativas, edición 2024.
Nuria Vil é activista LGTBTQIA + e antiracista e poeta. O seu traballo artístico, eminentemente oral, envolver a palabra falada e o diálogo entre distintas artes para levar a poesía máis aló da escrita. Fai parte da plataforma literaria A Sega e comparte un proxecto multidisciplinar con MorlitaM (Olga Martínez – música experimental) e Iria Silvosa (imaxe analóxica). Cocreou o espectáculo de poesía escénica Dúas Gamberras e un Micro.
Simún (Ed. Chan da Pólvora, 2021) é o seu primeiro e único poemario escrito. Foi finalista na Gala do Libro Galego 2022. Os seus textos aparecen nas antoloxías Pictura Fulgens (Contintametienes, 2023), Alguén nos lembrará (Xerais, 2023), Poesía Galega Novísima (Urutau, 2020), Trobeir´s do s.XXI (Chan da Pólvora, 2019), Dentes para a mazá (Chan da Pólvora, 2018).
No último ano participou no ciclo poético Pictura Fulgens Reina Sofía, dentro do Festival de Otoño de Madrid 2022, estreou a peza híbrida AVRA no Festival Escenas do Cambio 2023 no Gaiás, fixo parte do ciclo Poetas Di(n)versos coordinado por Yolanda Castaño e tamén do festival de Poesía por Getafe coordinado por Mario Obrero.
Formouse no Grao en Estudos de Galego e Español da UVigo e no Mestrado en Estudos de Literatura e da Cultura da USC.